efectivo -va
efectivo -va
lat effectīvu
-
adx
Que é real e verdadeiro.
-
adx
Que é eficaz ou que causa o efecto que se espera.
-
adx
Aplícase ao emprego ou ao empregado que é fixo.
-
s
m
Número de individuos que forman un cadro de persoal ou un grupo, especialmente se é militar.
-
s
m
Diñeiro en moedas ou billetes.
-
s
m
[MAT ]
Número de individuos que, nunha distribución estatística de carácter cuantitativo, presentan un valor concreto do seu carácter.
-
verbo efectivo
[LING ]
erbo cun complemento obxecto que indica o resultado da significación verbal.
Citas
- Conseguiu un cargo efectivo na administración, Os funcionarios efectivos desenvolverán novas funcións con esta lei
- Descubriron un medicamento efectivo contra a doenza, A lei será efectiva na data sinalada
- O efectivo da empresa era de 1,000 traballadores, OBS: Xeralmente emprégase en plural, A policía reuniu os seus efectivos no lugar do accidente, A ONU enviou os seus efectivos de paz á área do conflicto
- O interese efectivo polo proxecto produciuse despois do descubrimento científico
- O paso ao efectivo en euros realizouse con normalidade, OBS: Emprégase xeralmente na construcción en efectivo, Pagou o coche en efectivo