efecto

efecto

lat effectu

Plural: efectos
    1. s

      Cousa producida por unha causa.

    2. s [FILOS ]

      Resultado da acción dunha causa.

    3. efecto de escala / [FÍS/TECNOL ]

      Influencia da variación das dimensións dun corpo sobre os coeficientes adimensionais que se determina na aplicación da teoría de modelos.

    4. efecto fundador [XEN ]

      Presenza de moitos individuos, dentro da mesma poboación, que teñen o mesmo cromosoma procedente dun antecesor común.

    5. efecto secundario [MED ]

      Acción non desexable, a miúdo nociva, producida por un medicamento.

    1. s

      Situación á que dá lugar unha determinada acción, sexa esta intencionada ou non.

    2. efecto renda [ECON ]

      ariación na renda do consumidor causada pola modificación no prezo dun ben, que reducirá ou aumentará a renda real do consumidor.

    3. efecto substitución [ECON ]

      ariación na demanda dun ben debido á modificación no seu prezo, manténdose, aínda así, o nivel de renda dos consumidores.

  1. s m

    Impresión que causa algunha cousa sobre o ánimo.

    1. s

      Técnica que se utiliza nalgúns espectáculos ou obras de arte co fin de producir certa impresión no espectador.

    2. efecto de luz [ARTE ]

      Impresión da acción da luz nunha pintura que contrasta e se combina coas outras tintas da pintura.

    3. efecto escénico [ESPECT ]

      Acción e resultado de introducir no curso da acción dramática elementos diversos co obxectivo de provocar un impacto visual, sonoro e emocional no espectador.

    4. efectos especiais [IMAX ]

      Procedementos empregados no cine ou na televisión, xeralmente de carácter acústico e visual, destinados a reforzar a creación dun ambiente ou a condicionar a visión do espectador.

    1. s

      Fenómeno físico ou químico que xeralmente vai acompañado do nome do descubridor.

    2. efecto fotoeléctrico FIS [FÍS ]

      Fenómeno que consiste na liberación de electróns dunha substancia exposta á luz ou, en xeral, a unha radiación electromagnética.

    3. efecto fotovoltaico [FÍS ]

      Efecto fotoeléctrico que se caracteriza pola produción dunha forza electromotriz entre dúas pezas de material diferente que están en contacto e expostas á luz ou, en xeral, a unha forza electromagnética.

    4. efecto invernadoiro [METEOR ]

      Proceso que mantén a Terra quente e posibilita a existencia de vida no planeta.

    5. efecto piezoeléctrico [FÍS ]

      Fenómeno característico de certos cristais, que consiste na aparición de cargas eléctricas ou dunha diferenza de potencial entre as súas caras opostas, por efecto dunha deformación debida á aplicación dunha forza mecánica ou dunha vibración.

    1. s

      Consecuencia á que se lle atribúe un valor xurídico.

    2. efecto retroactivo

      Efecto polo que se produce a submisión a unha nova lei dunha situación existente con anterioridade a que a lei fose promulgada.

    3. efecto suspensivo

      Efecto que nace dun recurso presentado e que produce, ademais do efecto devolutivo, a suspensión da causa ou da execución da sentenza impugnada ata que se teña manifestado o tribunal superior.

  2. s m [DEP ]

    Cambio da traxectoria dun balón, pelota ou bóla mediante un golpe ou movemento especial.

  3. s m [FILAT ]

    Cada unha das pezas dunha emisión que se poden expedir individualmente.

  4. s m pl

    Conxunto de obxectos que unha persoa adoita gardar ou levar consigo.

    1. s

      Dereitos de cobro documentados con instrumentos formais de pago, como letras de cambio, libranzas ou obrigas de pagamento.

    2. efectos públicos

      Documentos de crédito emitidos polo Estado ou por outros organismos dependentes e recoñecidos polo goberno como negociables en bolsa.

  5. efecto almofada [INFORM ]

    Erro na visualización de imaxe que producen algunhas pantallas e que consiste en que as liñas rectas parecen curvas, especialmente nas marxes das imaxes.

  6. efecto bolboreta [MAT/FILOS ]

    Suposto pedagóxico que, no marco da teoría do caos, ilustra a dificultade de predición que presentan os sistemas dinámicos complexos en que unha pequena alteración fará que os subseguintes estados difiran moito dos estados que se seguirían de non existir a alteración.

  7. efecto memoria [TECNOL ]

    Característica dalgunhas baterías que, se son recargadas antes de que estean totalmente esgotadas, perden parte da súa capacidade de almacenamento de enerxía.

  8. efecto pantasma [TECNOL ]

    Aparición de sombras brancas ou negras cando se amosa nunha imaxe unha franxa de cor moi clara ou escura.

  9. efecto timbrado [DER ]

    Papel emitido polo Estado para a realización dun negocio xurídico concreto así como para facer efectivas toda clase de responsabilidades pecuniarias.

Citas

  • As súas contestacións causan moi mal efecto, O seu novo disco produciu moi bo efecto entre os asistentes
  • Como está caducado, este medicamento xa non ten efecto, O cancro é un dos efectos do tabaco
  • Efecto Clayden, Efecto de Bohr
  • Enviáronlles os seus efectos persoais aos parentes
  • O efecto desas medidas económicas foi desastroso

Frases feitas

  • Causar efecto. Impresionar algo a algu

  • En efecto loc adv Certamente, verdadeiramente.

  • Para todos os efectos. Para todos os fins.

  • Sen efecto. Sen validez.

  • Para os efectos de. Co obxectivo de.

Refráns

  • ande houbo fogo sempre cinsa queda.
  • Cales palabras din ao home, tal corazón lle poñen.
  • Chuvias hai que secan e soles hai que regan.
  • De tales vodas, tales costras.
  • Non hai manxar que non farte nin vicio que non enfade.
  • Tal paxaro, tal ovo.