efectivo -va

efectivo -va

lat effectīvu

Plural: efectivos Masculino: efectivo Masculino plural: efectivos Feminino: efectiva Feminino plural: efectivas
  1. adx

    Que é real e verdadeiro.

  2. adx

    Que é eficaz ou que causa o efecto que se espera.

  3. adx

    Aplícase ao emprego ou ao empregado que é fixo.

  4. s m

    Número de individuos que forman un cadro de persoal ou un grupo, especialmente se é militar.

  5. s m

    Diñeiro en moedas ou billetes.

  6. s m [MAT ]

    Número de individuos que, nunha distribución estatística de carácter cuantitativo, presentan un valor concreto do seu carácter.

  7. verbo efectivo [LING ]

    erbo cun complemento obxecto que indica o resultado da significación verbal.

Citas

  • Conseguiu un cargo efectivo na administración, Os funcionarios efectivos desenvolverán novas funcións con esta lei
  • Descubriron un medicamento efectivo contra a doenza, A lei será efectiva na data sinalada
  • O efectivo da empresa era de 1,000 traballadores, OBS: Xeralmente emprégase en plural, A policía reuniu os seus efectivos no lugar do accidente, A ONU enviou os seus efectivos de paz á área do conflicto
  • O interese efectivo polo proxecto produciuse despois do descubrimento científico
  • O paso ao efectivo en euros realizouse con normalidade, OBS: Emprégase xeralmente na construcción en efectivo, Pagou o coche en efectivo