dimensión
dimensión
lat dimensĭōne
-
s
f
Tamaño dun corpo.
-
s
f
[MAT ]
Número enteiro que se asigna a un espazo para indicar en que forma se estende e cal é o grao de independencia das direccións que se conteñen nel.
-
s
f
[MAT ]
Número n de vectores linealmente independentes que forman unha base dun espazo vectorial E.
-
s
f
Alcance ou consecuencias que pode chegar a ter un feito ou acontecemento.
Confrontacións
magnitudeCitas
- Comprou un piso de dimensións reducidas, As dimensións da táboa son dous metros de longo, un de ancho e seis centímetros de groso
- Non soubo ver a dimensión humana do problema, por iso non puido afrontalo
- Polo de agora non sabemos cáles son as dimensións da catástrofe