dimensión

dimensión

lat dimensĭōne

Plural: dimensións
  1. s f

    Tamaño dun corpo.

  2. s f [MAT ]

    Número enteiro que se asigna a un espazo para indicar en que forma se estende e cal é o grao de independencia das direccións que se conteñen nel.

  3. s f [MAT ]

    Número n de vectores linealmente independentes que forman unha base dun espazo vectorial E.

  4. s f

    Alcance ou consecuencias que pode chegar a ter un feito ou acontecemento.

Confrontaciones

magnitude

Citas

  • Comprou un piso de dimensións reducidas, As dimensións da táboa son dous metros de longo, un de ancho e seis centímetros de groso
  • Non soubo ver a dimensión humana do problema, por iso non puido afrontalo
  • Polo de agora non sabemos cáles son as dimensións da catástrofe