diferencial

diferencial

diferencia

Plural: diferenciais
  1. adx
    1. Relativo ou pertencente á diferenza.

    2. Que indica ou constitúe diferenza.

  2. adx [FÍS ]

    Aplícase aos circuítos e dispositivos electrónicos aos que tanto o seu funcionamento coma a resposta dada dependen da diferenza entre dous sinais de entrada. Tm s.

  3. adx [METROL ]

    Aplícase aos instrumentos que serven para medir a diferenza entre dúas magnitudes, pero non os seus valores absolutos.

  4. s f [MAT ]

    Incremento infinitamente pequeno dunha cantidade variable.

  5. s m [TECNOL ]

    Mecanismo que se monta nos automóbiles para transmitir o movemento ás rodas motrices e que permite que, nas curvas, xiren á velocidade adecuada, é dicir, que a roda exterior xire máis rápido ca a roda interior.

  6. s m [ECON ]

    Diferenza que hai entre dous valores dunha mesma ou de dúas variables económicas, nun momento ou durante un breve período.

  7. cálculo diferencial [MAT ]

    Parte da análise matemática e, máis concretamente, da análise infinitesimal, que trata de todas as cuestións relacionadas cos conceptos fundamentais de derivada e da diferencial dunha función.

  8. relevo diferencial [XEOG ]

    Relevo que resulta da erosión sobre rochas de diferente dureza e estrutura.

Citas

  • A cor é un método diferencial para clasificar os distintos tipos de fabas
  • A variación na cor da pel das persoas non debe implicar un trato diferencial