agosto
agosto
lat augustus
-
s
m
Oitavo mes do ano no calendario gregoriano.
-
s
m
Época do ano en que se leva a cabo a colleita dos cereais.
Citas
- Os da redacción iremos de vacacións en agosto
- Recolleron en agosto todos os cereais coa axuda de operarios de fóra
Frases feitas
-
Facer o agosto. Referido a un negocio, empr
Refráns
- Agosto e setembro non duran sempre.
- Agosto e vendima non son cada día e si cada ano, uns con proveito outros con dano.
- Agosto fáiselle maio ao que non ten pan sementado.
- Agosto nos farta e agosto nos mata.
- As pallas á palleira e as donas á lareira.
- As pallas no palleiro e as mulleres no trasfogueiro.
- Despois da Peregrina o inverno vénse encima / vén o inverno axiña.
- En agosto nin viño nin muller nin mosto.
- En agosto o porco pon o entrecosto.
- En agosto sol posto, noite conozo.
- En agosto, viño mosto.
- No serán de agosto non vaias ao monte por toxo, que non terás día de abondo.
- O becerriño no agosto ten frío.
- O que en agosto non dá cebada, en san Xoán non fai xornada.
- O que queira ter bo entrecosto que cebe no agosto.
- Os rocíos de agosto son mel e mosto.
- Polo agosto vale máis viña que mosto.
- Se en agosto e setembro non hai cebada, no resto do ano non poñas albarda.
- ¡Al vén san Lourenzo co seu caldeiro penzo!