agosto

agosto

lat augustus

Plural: agostos
  1. s m

    Oitavo mes do ano no calendario gregoriano.

  2. s m

    Época do ano en que se leva a cabo a colleita dos cereais.

Citas

  • Os da redacción iremos de vacacións en agosto
  • Recolleron en agosto todos os cereais coa axuda de operarios de fóra

Frases hechas

  • Facer o agosto. Referido a un negocio, empr

Refranes

  • Agosto e setembro non duran sempre.
  • Agosto e vendima non son cada día e si cada ano, uns con proveito outros con dano.
  • Agosto fáiselle maio ao que non ten pan sementado.
  • Agosto nos farta e agosto nos mata.
  • As pallas á palleira e as donas á lareira.
  • As pallas no palleiro e as mulleres no trasfogueiro.
  • Despois da Peregrina o inverno vénse encima / vén o inverno axiña.
  • En agosto nin viño nin muller nin mosto.
  • En agosto o porco pon o entrecosto.
  • En agosto sol posto, noite conozo.
  • En agosto, viño mosto.
  • No serán de agosto non vaias ao monte por toxo, que non terás día de abondo.
  • O becerriño no agosto ten frío.
  • O que en agosto non dá cebada, en san Xoán non fai xornada.
  • O que queira ter bo entrecosto que cebe no agosto.
  • Os rocíos de agosto son mel e mosto.
  • Polo agosto vale máis viña que mosto.
  • Se en agosto e setembro non hai cebada, no resto do ano non poñas albarda.
  • ¡Al vén san Lourenzo co seu caldeiro penzo!