agostiño -ña

agostiño -ña

Agostiño

Plural: agostiños Masculino: agostiño Masculino plural: agostiños Feminino: agostiña Feminino plural: agostiñas
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos agostiños, a santo Agostiño e á súa doutrina.

    1. s

      Membro dunha orde ou congregación agostiña.

    2. agostiño da Asunción

      Membro dunha congregación relixiosa fundada en 1845 polo pai de Alzon.

    3. agostiño descalzo

      Membro da orde relixiosa xurdida a partir da reforma iniciada por Andrés Díaz en Nápoles en 1592. Une a vida contemplativa coa activa.

    4. cóengo regular agostiño

      Membro dunha orde relixiosa xurdida como reforma dos cóengos en tempos da reforma gregoriana que recollía as experiencias dos monxes de San Rufo de Aviñón, fundada en 1309.

    5. ermitán agostiño

      Membro da orde mendicante creada polo papa Alexandre IV (1256).

    6. ermitán agostiño reformado

      Membro dunha orde relixiosa xurdida como reforma da congregación dos ermitáns de santo Agostiño, na Provincia de Castela, presidida entón por frei Luís de León (1537-1591).

Citas

  • É un seguidor acérrimo da filosofía agostiña
  • Ese monxe pertence á orde agostiña
  • Estas son palabras agostiñas

Palabras veciñas

agostar agostinismo agostiño -ña agostiño -ña agosto agóxica agr(o/i)-