descoido
descoido
descoidar
s
m
Falta de coidado ou atención.
Ex: Tivo un descoido e roubáronlle o bolso Ex: Algúns accidentes de tráfico débense a pequenos descoidos Ex: Chegou peiteada con descoido e sen maquillar
Confrontacións
abandono, desleixamento, desleixo, distracción, esquecementoCitas
- Algúns accidentes de tráfico débense a pequenos descoidos
- Chegou peiteada con descoido e sen maquillar
- Tivo un descoido e roubáronlle o bolso
Refráns
- A bulsa amosada é medio roubada.
- A porta aberta o santo tenta.
- Cando un máis seguro se coida, deixa de estar seguro, se se descoida.
- Coa porta aberta chega o diaño e entra.
- Con pequena brasa quéimase unha casa.
- Manda, descoida e non se fará cousa con cousa.
- O máis ben coidado tamén o leva o gato.
- Ó mais pintado na pegan, cando se tercia.
- Ó mal coidado lévao o gato.
- O que deixa aberto o seu caixón convida ao ladrón.
- O que non ten memoria, ten que ter pes.
- Pola porta aberta, quen quere, entra.
- Quen mal enfoma, saca os pans tortos, mais paga a poia.
- Un día por outro queda a casa sen varrer.
- ¡Malia o rato que non sabe máis dun burato!