descoido

descoido

descoidar

Plural: descoidos
s m

Falta de coidado ou atención.

Ex: Tivo un descoido e roubáronlle o bolso Ex: Algúns accidentes de tráfico débense a pequenos descoidos Ex: Chegou peiteada con descoido e sen maquillar

Confrontaciones

abandono, desleixamento, desleixo, distracción, esquecemento

Citas

  • Algúns accidentes de tráfico débense a pequenos descoidos
  • Chegou peiteada con descoido e sen maquillar
  • Tivo un descoido e roubáronlle o bolso

Refranes

  • A bulsa amosada é medio roubada.
  • A porta aberta o santo tenta.
  • Cando un máis seguro se coida, deixa de estar seguro, se se descoida.
  • Coa porta aberta chega o diaño e entra.
  • Con pequena brasa quéimase unha casa.
  • Manda, descoida e non se fará cousa con cousa.
  • O máis ben coidado tamén o leva o gato.
  • Ó mais pintado na pegan, cando se tercia.
  • Ó mal coidado lévao o gato.
  • O que deixa aberto o seu caixón convida ao ladrón.
  • O que non ten memoria, ten que ter pes.
  • Pola porta aberta, quen quere, entra.
  • Quen mal enfoma, saca os pans tortos, mais paga a poia.
  • Un día por outro queda a casa sen varrer.
  • ¡Malia o rato que non sabe máis dun burato!