abandono
abandonar
-
s
m
Acción e efecto de abandonar ou abandonarse.
-
s
m
[DER ]
Delito cometido por un funcionario ou por un militar ao abandonar voluntariamente e sen consentimento de superiores o posto ou as funcións ás que foi destinado.
-
s
m
[DER ]
Abstención voluntaria, por parte do interesado nun procedemento xudicial ou administrativo, de actuar no tempo preestablecido para exercer unha acción ou recurso legal.
-
s
m
[DEP ]
Renuncia a proseguir nunha competición.
-
-
s
Acción de abandonar a tripulación unha embarcación por un perigo inminente.
-
sinal de abandono
Sinal feito con asubío, timbre ou toque de corneta para indicar á tripulación dunha embarcación a necesidade de abandonala e ocupar os lugares correspondentes nos botes salvavidas.
-
s
-
abandono de familia
[DER ]
Delito que consiste no incumprimento voluntario dos deberes de asistencia derivados do matrimonio, da patria potestade ou da tutela.
-
abandono de terras
Cesamento, planificado ou espontáneo, da actividade agraria nunha superficie determinada motivado pola perda de rendibilidade.
Sinónimos
Antónimos
Refráns
- A compaña do aforcado: ir con el e deixalo encolgado.
- A vella que non pode andar, que a leven a un areal e alí que a deixen quedar.
- Casa pechada, casa esborrallada.
- Casa sen xente, niño de ratos.
- Hoxe irei, mañá irei, mal a casa coidarei.
- Na casa do carpinteiro, bancos eoxos e vellos.
- Na casa do cura, cando non chove, barruza.
- Na casa do ferreiro, coitelo de pau, e na do carpinteiro, sentarse no chau.
- Na casa do ferreiro, espeto de pau.
- O que logo empeza, logo o deixa.
- Por un cravo pérdese a ferradura.
- Quen aos seus desagarima, nada aos aIIeos lIes pida.
- Se queres pasar un mal día, deixa a túa casa e vaite á da veciña.
- Se te vas e me deixas ¿a quen contarei as miñas queixas?
- Se te vas e me deixas ¿a quen lle contarei as miñas queixas?