demo

demo

lat tardío daemonĭu gr δαιμόνιον

Plural: demos
  1. s m

    Personificación indeterminada das forzas da natureza ou da alma humana que encarna o mal na tradición popular.

  2. s m

    Persoa que actúa con maldade.

  3. s m [ANIMAL ]

    Cangrexo de pequeno tamaño.

  4. s m [ANIMAL/ICT ]

    Peixe, da familia dos blénidos, que posúe unha pel sen escamas, de cor acastañada con barras verticais máis escuras. É pouco apreciado polo home.

  5. demo negro [ANIMAL/ORNIT ]

    galiñola.

Sinónimos

Citas

  • &
  • 1 s m HIST
  • 8134; &
  • 956;&
  • 959;&
  • 962; ‘pobo’)
  • Este demo tráeme todo o día detrás del
  • port: demo; cast: demo; ingl: deme

Refráns

  • Alá vai o demo. revolto despois do sol posto.
  • Ben sabe o demo o frangallo que racha.
  • Cando o demo non ten que facer, nalgo se ha de entreter.
  • Cando o demo veña á túa porta, non lla peches: entórnalla.
  • Cando vai torta, o demo a endereita.
  • Cando vai torta, o diaño a guía.
  • Dá o demo contra a pedra e non sempre a creba.
  • Demos mercar e demos vender, pouco negocio pode ser.
  • Fariña que trae o demo logo se volve farelo.
  • Moitas veces corre máis o diaño cá lebre.
  • Non ha de estar sempre o demo detrás da porta.
  • O demo as arma e o demo as desarma.
  • O demo as tapa e o demo as destapa con tamboril e gaita.
  • Ó demo e á muller nunca lles falta que facer.
  • O demo é vello e o tempo é sabio.
  • O demo ensina a pecar pero non a rezar.
  • O demo non é santo.
  • O demo tira da manta e todo o destapa.
  • Ou a Deus ou ao demo ninguén deixa de servir, se non é que serve a entrambos.
  • Todo vai como o demo quer, mais non cal debía ser.