demiúrgo

demiúrgo

gr δημιουργός ‘creador’

Plural: demiúrgos
  1. s m [FILOS ]

    Deus creador e ordenador do mundo, causa activa intelixente produtora do cosmos na filosofía de Platón e dos gnósticos.

  2. s m [RELIX ]

    Deus creador do universo en distintas relixións.

  3. s m [HIST ]

    Maxistrados de diversas cidades-estado gregas, con diversas atribucións.

  4. s m pl [HIST ]

    Persoas que traballaban para o público na antiga Grecia, como os adiviños, os médicos ou os artesáns.

  5. s m fig

    Persoa que, pola súa capacidade de organización, decisión e imaxinación, domina dentro dun grupo ou organización.