democracia
gr δημοκρατία ‘goberno do pobo’
-
-
s
Doutrina política que defende a intervención do pobo no goberno e na elección dos gobernantes.
-
democracia cristiá
Conxunto de movementos, partidos políticos e sindicatos que poñen ao servizo da democracia a doutrina dos Evanxeos. A súa ideoloxía combinaba a concepción católica de xustiza social coas ideas liberais sobre a democracia política.
-
democracia política
Conxunto lexislativo e constitucional que asegura o libre exercicio das liberdades políticas.
-
democracia popular
Réxime político establecido ao final da Segunda Guerra Mundial en diversos estados do leste e do surleste de Europa. Creouse baixo a dirección dos partidos comunistas como unha forma estatal no período de transición do capitalismo ao socialismo e como unha modalidade da ditadura do proletariado.
-
democracia representativa
Sistema político en que o pobo exerce a soberanía mediante a elección periódica polo corpo electoral dos órganos representativos.
-
s
-
s
f
País cun sistema de goberno democrático.
-
s
f
Sistema de participación de todos os membros dunha organización na toma de decisións.
Citas
- As democracias de Europa Occidental son un modelo para outros países
- Na asociación non hai democracia e faise o que di o presidente
Refráns
- Ben parvo é o que coida que a xente é boba.
- Cando todos che digan que es burro, ornea.
- Voz do pobo, voz de Deus.