deficiente

deficiente

lat deficĭente, p pres de deficĕre ‘ter necesidade’

Plural: deficientes
  1. adx

    Que está incompleto ou que lle falta algo conveniente.

  2. adx

    Que está afectado por algún tipo de deficiencia física ou psíquica. Tm s.

Citas

  • A deficiente preparación do cantante fará que non pase á seguinte fase, A cualificación que lle puxeron foi deficiente
  • As cadeiras teñen unha altura deficiente para as medidas da mesa, A deficiente iluminación non deixaba apreciar ben as pinturas
  • Colabora nun programa de integración para nenos deficientes, As barreiras arquitectónicas son un grande inconveniente para os deficientes físicos