deficiencia

deficiencia

lat deficientĭa

Plural: deficiencias
  1. s f
    1. Estado ou calidade de deficiente.

    2. Carencia de algo que se considera necesario.

  2. s f [MED ]

    Perda ou anormalidade dunha estrutura ou función psicolóxica, fisiolóxica ou anatómica, calquera que sexa a súa causa.

  3. deficiencia cromosómica [XEN ]

    deleción cromosómica.

  4. deficiencia electrónica [QUÍM ]

    Estado no que está un composto cando o número de electróns que forman un enlace químico é menor ca o necesario para formar enlaces simples normais.

  5. deficiencia mineral [FISIOL ]

    Carencia de calquera elemento químico necesario para o correcto desenvolvemento dun organismo vivo.

  6. deficiencia nutricional [PAT ]

    Enfermidade causada pola carencia de vitaminas, minerais e aminoácidos debido a unha dieta inadecuada.

Sinónimos

Confrontacións

insuficiencia

Citas

  • As deficiencias localizadas no envío levounos a devolver o pedido
  • Presenta unha deficiencia grave no ollo esquerdo, O proceso non puido seguir adiante por unha deficiencia no procedemento