debedor -ra

debedor -ra

lat debĭtōre

Plural: debedores Masculino: debedor Masculino plural: debedores Feminino: debedora Feminino plural: debedoras
  1. adx

    Que debe ou contrae unha obriga con outra persoa. Tm s.

  2. adx

    Que se anota no debe dunha conta.

Citas

  • Se non lle pagan, terá que levar os seus debedores a xuízo

Refráns

  • A débeda e o labor sempre veñen a peor.
  • A rico non debas e a pobre non prometas.
  • A rico non debas e a probe non ofrezas.
  • Colgado do pindirico, o mesmo dá cento que cento e pico.
  • De deber a pagar hai moito camiño que andar.
  • Deitarse sen débeda e erguerse con ela, non é boa aquela.
  • Non dorme tranquilo o que debe, que non hai prazo que non chegue.
  • Non se che fará a Coresma larga, se debes algo para a Pascua.
  • O deber é tan antigo coma o non pagar.
  • O que algo está a deber non dorme como quer.
  • O que debe non ten razón.
  • O que paga a Xan e debe a Andrés, ten que pagar outra ves.
  • Se tés para a Pascua unha débeda, logo che se vai a Coresma.

Palabras veciñas

debater debe débeda debedor -ra debelación debelar deber