débeda

débeda

lat debĭta, n pl de debĭtu ‘débito’

Plural: débedas
  1. s f

    Cantidade que se debe.

    1. s

      Obriga que ten unha persoa ou un organismo que debe devolver ou pagar algo.

    2. s

      Obriga moral que se ten con algo ou con alguén.

    3. débeda amortizable [ECON ]

      Cantidade que debe devolverse nunha determinada data de vencemento.

    4. débeda do Estado [ECON ]

      Débeda pública emitida polo Goberno, previa autorización dunha lei, que ten por obxecto o financiamento do gasto público.

    5. débeda do Tesouro [ECON ]

      Débeda pública emitida polo goberno no mercado interior que ten por finalidade cubrir as necesidades financeiras do Tesouro Público derivadas das diferenzas entre os pagos e ingresos.

    6. débeda exterior [ECON ]

      Débeda pública emitida en moeda estranxeira con títulos representativos subscritos por cidadáns doutros estados.

    7. débeda externa [ECON ]

      Débeda contraída con persoas físicas ou xurídicas estranxeiras que se compón de capitais e xuros.

    8. débeda pública [ECON ]

      Conxunto de obrigacións contraídas por un estado a través de empréstitos, que, segundo o prazo de duración pode ser débeda a curto prazo ou flotante, ou a longo prazo ou consolidada.

  2. s f
    1. Deber xurídico de contido patrimonial polo que o debedor, respecto do acredor, ten que cumprir a realización dunha prestación que debe materializarse nun acto positivo de facer ou de dar, ou nun acto negativo de non facer ou de absterse.

    2. débeda tributaria [DER ]

      Obrigación legal a prol do estado ou doutro ente público pola que unha persoa física ou xurídica debe aboar unha cantidade de diñeiro, como consecuencia dunha obriga tributaria, que satisfai en efectivo ou empregando efectos timbrados.

  3. débeda de osíxeno [FISIOL ]

    Situación na que quedan os músculos despois dunha actividade continuada, realizada anaerobicamente.

  4. débeda ecolóxica

    Débeda acumulada polos países de maior desenvolvemento económico que se basea na obtención de recursos naturais cun prezo moi inferior ao real, nos danos ambientais que se efectúan e na ocupación gratuíta de espazo ambiental, fronte aos países en vías de desenvolvemento.

Sinónimos

Citas

  • A comunidade ten unha débeda cos afectados polo terremoto, Teño unha débeda co meu irmán polos favores que me leva feitos
  • A débeda ascende a 15,000 euros
  • Aínda lle debe ao banco 24,000 euros

Refráns

  • Bo é buscar ocasión, para saber a quen se debe e a que n non.
  • De quen non nos debe nada, bó é unha migalla.
  • En débeda se mete quen fía ou promete.
  • O deber é xa moi vello.
  • O deber non é pecado.
  • O que debe e paga, non debe nada.
  • O que debe, sabe ben canto debe.
  • O que non debe nada, con ben pouco paga.
  • ¡Gracias a Deus que cocemos sete petadas e nove debemos!

Palabras veciñas

debate debater debe débeda debedor -ra debelación debelar