aforro
aforro
Plural:
aforros
-
s
m
Acción de aforrar.
-
s
m
Cantidade de diñeiro aforrada.
Confrontacións
capitalCitas
- Cos meus aforros de verán vou facer unha viaxe por Austria
- O goberno vai sacar novas medidas para fomentar o aforro
Frases feitas
-
Caixa de aforros. Entidade financeira para actividades econ
-
.
Refráns
- A pon-pon, o diñeiro enche o bulsón.
- A vella dos anos mil gardaba pan para maio e leña para abril.
- Achega o achegador para o bo derramador.
- Aforrar para a vellez, gañar un e comer tres.
- Carto a carto faise o ducado.
- Debes pensar que para a vellez hai que gardar.
- Garda de mozo e atoparás de vello.
- Garda un de cada• dous, se que res facer bulsón.
- Gardar para mañá, que falta fará.
- Gardar para mañá, que fame haberá.
- Máis vale gardar, que emprestar e non cobrar.
- Moitos poucos fan un moito.
- Na hucha os cartos non medran pero axúntanse.
- Nada pode gardar o que nada ten.
- Nin con toda a fame á arca, nin con toda a sede á cántara.
- O aforrar non é por moito trabaUar, senón por moito gañar e pouco gastar.
- O diñeiro enche o bulsón a forza de pon-pon.
- O que achega un, derrámano outro.
- O que aforra, sempre ten.
- O que ata moito a prata, o diaño lla desata.
- O que garda sempre ten.
- Onde sacan e non botan, buscan e non atopan.
- Onde se saca e non se pon, logo se chega ao fondón.
- Os cartos na hucha non nacen pero gárdanse.
- Pouco vale gañar sen gardar.
- Quen garda, atopa.