aforro

aforro
Plural: aforros
  1. s m

    Acción de aforrar.

  2. s m

    Cantidade de diñeiro aforrada.

Confrontaciones

capital

Citas

  • Cos meus aforros de verán vou facer unha viaxe por Austria
  • O goberno vai sacar novas medidas para fomentar o aforro

Frases hechas

  • Caixa de aforros. Entidade financeira para actividades econ

  • .

Refranes

  • A pon-pon, o diñeiro enche o bulsón.
  • A vella dos anos mil gardaba pan para maio e leña para abril.
  • Achega o achegador para o bo derramador.
  • Aforrar para a vellez, gañar un e comer tres.
  • Carto a carto faise o ducado.
  • Debes pensar que para a vellez hai que gardar.
  • Garda de mozo e atoparás de vello.
  • Garda un de cada• dous, se que res facer bulsón.
  • Gardar para mañá, que falta fará.
  • Gardar para mañá, que fame haberá.
  • Máis vale gardar, que emprestar e non cobrar.
  • Moitos poucos fan un moito.
  • Na hucha os cartos non medran pero axúntanse.
  • Nada pode gardar o que nada ten.
  • Nin con toda a fame á arca, nin con toda a sede á cántara.
  • O aforrar non é por moito trabaUar, senón por moito gañar e pouco gastar.
  • O diñeiro enche o bulsón a forza de pon-pon.
  • O que achega un, derrámano outro.
  • O que aforra, sempre ten.
  • O que ata moito a prata, o diaño lla desata.
  • O que garda sempre ten.
  • Onde sacan e non botan, buscan e non atopan.
  • Onde se saca e non se pon, logo se chega ao fondón.
  • Os cartos na hucha non nacen pero gárdanse.
  • Pouco vale gañar sen gardar.
  • Quen garda, atopa.