capital

capital

lat capitāle ‘relativo á cabeza’

Plural: capitais
  1. adx

    Relativo ou pertencente á cabeza.

    1. adx

      Que é o principal ou a parte máis importante dunha cousa.

    2. adx [RELIX ]

      Aplícase a cada un dos sete pecados principais que se consideran fonte de todos os demais.

    3. s [XEOG/ADM ]

      Cidade ou vila principal dunha rexión xeográfica ou dunha circunscrición administrativa.

    4. s [XEOG/ADM ]

      Centro ou área dunha actividade cultural, económica e relixiosa.

    1. adx

      Aplícase á letra maiúscula, ás veces, decorada artisticamente, coa que adoito comeza un capítulo. Tm s f.

    2. escritura capital

      Tipo de escritura latina clásica usada normalmente desde o s I a C ao s V d C, da que derivan as demais escrituras latinas a través de sucesivas transformacións.

  2. s m

    Riqueza acumulada que posúe unha persoa ou unha empresa consistente en bens e, sobre todo, cartos.

    1. s

      Conxunto de medios e instrumentos de produción que permiten producir bens e, consecuentemente, crear plusvalía grazas á participación do traballador asalariado no proceso de produción.

    2. capital autorizado

      Procedemento para aumentar o capital dunha sociedade anónima.

    3. capital circulante

      Conxunto de bens que se consomen no proceso produtivo, que cambian sucesivamente de forma, e pasan de ser materia prima a produto elaborado.

    4. capital financeiro

      Fracción do capital empregado na financiación da produción.

    5. capital fixo

      Parte dos activos que se materializan en bens durables.

    6. capital líquido

      Capital que se pode converter inmediatamente en diñeiro dispoñible.

    7. capital social

      alor monetario das achegas dos socios ás sociedades, particularmente ás mercantís.

  3. capital humano [SOCIOL/EDUC ]

    Concepto desenvolvido desde posicionamentos liberais na segunda metade do s XX, que contribúe á racionalización do gasto público en educación desde a consideración desta como investimento cara ao futuro.

  4. inimigo capital

    Inimigo moi perigoso.

  5. pena capital

    Pena de morte.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

diñeirada, diñeiral

Citas

  • A capital de Galicia é Santiago de Compostela
  • Primeiro imos tratar a cuestión capital, despois veremos os temas secundarios
  • Ribadavia é a capital das festas medievais, A Meca é a capital do Islam, A capital do cine segue a ser Hollywood
  • Ten un capital acumulado de varios miles de euros