culto
culto
lat cŭltu
-
s
m
-
Adoración relixiosa a alguén ou a algunha cousa.
-
Acto polo que o home se suxeita a Deus en sinal de recoñecemento da súa excelencia e superioridade.
-
Conxunto de cerimonias que se realizan para render homenaxe a aquilo que se adora.
-
-
s
m
Estima e respecto que se ten por algo material ou inmaterial.
-
culto da personalidade
[PSIC/POLÍT ]
Adhesión, veneración e submisión incondicionais, xeralmente carentes de todo sentido crítico, que se tributa a algunhas persoas que as fomentan en virtude de mecanismos obsesivos.
Sinónimos
Citas
- As relixións panteístas réndenlles culto ás forzas da natureza
- Asiste diariamente aos cultos que se celebran na igrexa
- O culto á xustiza dálle ánimos para seguir traballando, O culto á beleza estase a converter nunha obsesión