cultivo

cultivo

culto

Plural: cultivos
    1. s

      Conxunto de traballos destinados a coidar a terra e as plantas para obter un maior proveito ca o desenvolvido espontaneamente pola natureza.

    2. cultivo hidropónico [BOT ]

      Coidado de plantas en que as raíces están suspendidas en auga ou nun substrato inerte.

  1. s m
    1. Superficie de terra cultivada.

    2. Produto que se cultiva nunha superficie de terra.

  2. s m [MICROB ]

    Poboación activa microbiana que creceu nun medio de cultivo.

    1. s

      Técnica de laboratorio que ten por finalidade obter e manexar cantidades elevadas de microorganismos.

    2. cultivo axénico

      Cultivo microbiano que contén organismos dunha soa especie ou clon.

    3. cultivo de enriquecemento

      Cultivo de diferentes tipos de microorganismos, obtido enriba dun medio selectivo en que chega a predominar un determinado microorganismo.

    4. cultivo infectado

      Cultivo contaminado por microorganismos que lle son estraños.

    5. cultivo puro

      Cultivo en que todas as células proveñen dunha soa célula inicial e manteñen as súas características xenéticas ao longo do tempo.

  3. cultivo celular/de tecidos [BIOL ]

    Método mediante o cal as células dun tecido poden vivir e desenvolverse fóra do organismo, nun medio de cultivo adecuado.

  4. cultivo mariño [ZOOL ]

    Conxunto de actividades encamiñadas á cría selectiva de organismos mariños.

Citas

  • A climatoloxía desta primavera foi moi favorable para o cultivo da pataca
  • No deserto escasea a terra de cultivo