culto

culto

lat cŭltu

Plural: cultos
  1. s m
    1. Adoración relixiosa a alguén ou a algunha cousa.

    2. Acto polo que o home se suxeita a Deus en sinal de recoñecemento da súa excelencia e superioridade.

    3. Conxunto de cerimonias que se realizan para render homenaxe a aquilo que se adora.

  2. s m

    Estima e respecto que se ten por algo material ou inmaterial.

  3. culto da personalidade [PSIC/POLÍT ]

    Adhesión, veneración e submisión incondicionais, xeralmente carentes de todo sentido crítico, que se tributa a algunhas persoas que as fomentan en virtude de mecanismos obsesivos.

Sinónimos

Citas

  • As relixións panteístas réndenlles culto ás forzas da natureza
  • Asiste diariamente aos cultos que se celebran na igrexa
  • O culto á xustiza dálle ánimos para seguir traballando, O culto á beleza estase a converter nunha obsesión