crime

crime

lat crīmen

Plural: crimes
  1. s m

    Delito que consiste en matar unha persoa.

    1. s

      Infracción punible de carácter grave.

    2. crime contra a humanidade

      Delito contra os dereitos fundamentais da humanidade, establecido no Estatuto do Tribunal Internacional de Nuremberg de 1945.

    3. crime de guerra

      Acción que viola o contido das leis, dos acordos e dos costumes das contendas bélicas.

    4. crime de lesa maxestade

      delito de lesa maxestade.

  2. s m fig

    Falta ou prexuízo considerado grave, aínda que non é castigado porque as súas consecuencias non comprenden directamente o ámbito xudicial.

Sinónimos

Confrontacións

homicidio

Citas

  • Están os dous irmáns na cadea por cometeren un crime
  • Foi un crime botar todo ese lixo ao río