criminalidade

criminalidade

criminal

Plural: criminalidades
  1. s f

    Calidade de criminal.

  2. s f

    Circunstancia de acontecer accións criminais.

  3. s f

    Proporcionalidade estatística que resulta da cantidade de crimes cometidos en razón da poboación, do tempo e do espazo determinados.

Citas

  • Nunca lograron atopar probas da criminalidade dos feitos dos que o acusaron
  • O aumento de forzas represivas non conduciu ao descenso da criminalidade
  • Tratan de estudiar a relación que existe entre a criminalidade e a toxicomanía