aberración
lat aberratiōne lat aberrāre ‘afastarse, extraviarse’
-
s
f
Desviación do que está considerado como normal ou natural por un sistema moral establecido.
-
s
f
[MAT ]
Singularidade que se presenta cando os valores obtidos dun conxunto de observacións dunha magnitude distan do valor medio obtido co total das observacións.
-
s
f
[IND/ARTE ]
Distorsión da cor ou da forma nunha imaxe fotográfica causada por un obxectivo.
-
-
s
Discrepancia, nun sistema óptico, entre a imaxe real e a preeditada polas fórmulas habituais.
-
aberración cromática/de refranxibilidade
Aberración dos sistemas dióptricos (lentes) que proxecta unha coloración ou irisación nos bordos da imaxe.
-
aberración xeométrica
Aberración que ten a súa orixe na forma da superficie do dióptrico ou na maneira de incidir o feixe luminoso sobre o dióptrico.
-
aberración acústica
Alteración que experimenta a frecuencia das ondas sonoras cando o punto emisor se achega ou se afasta do receptor.
-
s
-
aberración cromosómica
[XEN ]
Anomalía no número ou na estrutura normal dos cromosomas.
-
aberración lumínica
[ASTRON ]
Fenómeno polo que a dirección aparente en que se ve un astro é diferente da dirección real.
Confrontacións
anormalidadeCitas
- Os xenocidios, as guerras, as deportacións e a limpeza étnica dos territorios son, xunto coas restantes violacións dos dereitos humanos, aberracións