aberta

aberta

lat apertu n ‘lugar descuberto’

Plural: abertas
  1. s f

    Lugar ao descuberto.

  2. s f

    Pequeno intervalo de tempo en que deixa de chover.

  3. s f

    Relaxación dun tendón producida por un esforzo 1excesivo.

  4. s f

    Suco destinado ao rego dos campos.

Sinónimos

Confrontacións

descampado

Citas

  • A auga que corría pola aberta viña da fonte da Peneda
  • Despois de catro horas chovendo, aproveitamos a aberta para seguir a pé a ruta dos mosteiros da Ribeira Sacra
  • Naquela aberta atoparon o cadáver enterrado