aberración

aberración

lat aberratiōne lat aberrāre ‘afastarse, extraviarse’

Plural: aberracións
  1. s f

    Desviación do que está considerado como normal ou natural por un sistema moral establecido.

  2. s f [MAT ]

    Singularidade que se presenta cando os valores obtidos dun conxunto de observacións dunha magnitude distan do valor medio obtido co total das observacións.

  3. s f [IND/ARTE ]

    Distorsión da cor ou da forma nunha imaxe fotográfica causada por un obxectivo.

    1. s

      Discrepancia, nun sistema óptico, entre a imaxe real e a preeditada polas fórmulas habituais.

    2. aberración cromática/de refranxibilidade

      Aberración dos sistemas dióptricos (lentes) que proxecta unha coloración ou irisación nos bordos da imaxe.

    3. aberración xeométrica

      Aberración que ten a súa orixe na forma da superficie do dióptrico ou na maneira de incidir o feixe luminoso sobre o dióptrico.

    4. aberración acústica

      Alteración que experimenta a frecuencia das ondas sonoras cando o punto emisor se achega ou se afasta do receptor.

  4. aberración cromosómica [XEN ]

    Anomalía no número ou na estrutura normal dos cromosomas.

  5. aberración lumínica [ASTRON ]

    Fenómeno polo que a dirección aparente en que se ve un astro é diferente da dirección real.

Confrontaciones

anormalidade

Citas

  • Os xenocidios, as guerras, as deportacións e a limpeza étnica dos territorios son, xunto coas restantes violacións dos dereitos humanos, aberracións