crego

crego

lat clerĭcu

Plural: cregos
  1. s m [RELIX ]

    Membro da Igrexa cristiá que ten como dedicación principal o servizo a Deus.

  2. s m [ANIMAL/ICT ]

    rubio crego.

Sinónimos

Confrontacións

abade, clérigo

Refráns

  • A facenda do crego dálla Deus e cómenlla os herdeiros.
  • A mal abade, mal sancristán.
  • Abade de aldea moito canta e pouco medra.
  • Abade de bamba o que non pode comer dáo pola súa alma.
  • Abade de moita bamba, que di que non come e ben que se farta.
  • Abade que comeu da ola, inda ás veces quere da cazola.
  • ande canta un crego e omea un burro, alí nunca falta un peso duro.
  • As campás de San Viótín non dan sen din.
  • As campás de Toén, cando repenican ben, din cantando: ¡O que ten, ten: non precisa de ninguén. Pobriño do que non ten.
  • Bens de campá dáos Deus e o demo derrámaos.
  • Cando non o dan os cartos dos cregos, non o teñen os santos do ceo.
  • Crego viaxeiro, nin Misere nin miseiro.
  • Cregos e frades e mouros, quen viu un viunos todos.
  • De crego a frade non hai máis que votos.
  • Facenda de crego dáa Deus e lévaa o demo.
  • Gori-gori, enterremos este pobre e, se non ten diñeiro, enterrémolo no palleiro.
  • Na casa de abade comede e levade.
  • Na casa do señor abade comede, bebede e levade.
  • Na casa do señor cura, cando non chove, barruza.
  • Ó abade moi falangueiro gústalle andar polo rueiro.
  • Ó abade vello, polos e coello.
  • Ó abade, roupa nova e por limpar.
  • O que non come santo Tomé, córneo quen está ao seu pe.
  • O que o cura ten de delgado, teno de gordo o beneficiado.
  • Onde hai un crego enriba de albarda, sempre hai hora mellorada.
  • Onde o crego canta alí xanta.
  • Pedra de igrexa ouro gotexa.
  • Renego de sermón que acaba en ¡Daca!.
  • Tal o abade, tal ás veces o sancristán.
  • ¡Engrole, engrole, enterremos este morto que é pobre.

Palabras veciñas

creek* creeping* cregaxe crego creguiño crema cremación