crema

crema

fr crème

Plural: cremas
  1. s f

    Compoñente graxo do leite.

  2. s f [ALIM ]

    Preparación culinaria usada en repostaría, feita con leite, xemas, azucre e aromatizada con vainilla.

  3. s f [ALIM ]

    Licor espeso que ten unha cantidade de azucre superior ao 30%.

  4. s f [QUÍM ]

    Emulsión semisólida de aplicación farmacéutica e cosmética que está constituída por unha fase lipoide e unha fase acuosa.

  5. s f [ALIM ]

    Preparación culinaria que se obtén machucando os alimentos que a elaboran.

Sinónimos

Confrontacións

nata, pomada, tona, ungüento, untura

Citas

  • Asistiu ao congreso a crema da intelectualidade galega
  • Comprou un vestido de cor crema, Pintou a habitación dun crema claro
  • Xantamos crema de verduras

Formas incorrectas

natilla