crego
crego
lat clerĭcu
-
s
m
[RELIX ]
Membro da Igrexa cristiá que ten como dedicación principal o servizo a Deus.
-
s
m
[ANIMAL/ICT ]
rubio crego.
Sinónimos
Confrontaciones
abade, clérigoRefranes
- A facenda do crego dálla Deus e cómenlla os herdeiros.
- A mal abade, mal sancristán.
- Abade de aldea moito canta e pouco medra.
- Abade de bamba o que non pode comer dáo pola súa alma.
- Abade de moita bamba, que di que non come e ben que se farta.
- Abade que comeu da ola, inda ás veces quere da cazola.
- ande canta un crego e omea un burro, alí nunca falta un peso duro.
- As campás de San Viótín non dan sen din.
- As campás de Toén, cando repenican ben, din cantando: ¡O que ten, ten: non precisa de ninguén. Pobriño do que non ten.
- Bens de campá dáos Deus e o demo derrámaos.
- Cando non o dan os cartos dos cregos, non o teñen os santos do ceo.
- Crego viaxeiro, nin Misere nin miseiro.
- Cregos e frades e mouros, quen viu un viunos todos.
- De crego a frade non hai máis que votos.
- Facenda de crego dáa Deus e lévaa o demo.
- Gori-gori, enterremos este pobre e, se non ten diñeiro, enterrémolo no palleiro.
- Na casa de abade comede e levade.
- Na casa do señor abade comede, bebede e levade.
- Na casa do señor cura, cando non chove, barruza.
- Ó abade moi falangueiro gústalle andar polo rueiro.
- Ó abade vello, polos e coello.
- Ó abade, roupa nova e por limpar.
- O que non come santo Tomé, córneo quen está ao seu pe.
- O que o cura ten de delgado, teno de gordo o beneficiado.
- Onde hai un crego enriba de albarda, sempre hai hora mellorada.
- Onde o crego canta alí xanta.
- Pedra de igrexa ouro gotexa.
- Renego de sermón que acaba en ¡Daca!.
- Tal o abade, tal ás veces o sancristán.
- ¡Engrole, engrole, enterremos este morto que é pobre.