corgo
corgo
lat corrŭgu ‘canle de auga’
-
s
m
Poza que se forma na canle dos ríos para introducir os feixes de liño que serán empregados na elaboración do tecido.
-
s
m
Burato nunha rocha ou depresión dun terreo, que se enche de auga cando chove.
-
s
m
Canle pola que baixa unha corrente de auga destinada a regar.
-
s
m
Camiño estreito e fondo que se estende por terreo irregular e entre valados altos.
Sinónimos
Citas
- A chuvía encheu os corgos das pedras
- Este ano os veciños construíron un corgo de cemento para que beban os animais
- Houbo que esperar na cima do corgo a que pasase o carro do veciño
- Limparon o corgo para poder regar o millo
- Mollei os pés no corgo
- Neste tempo os corgos están cheos de liño
- Os corgos están atuídos e non baixa ben a auga da chuvia