corgo

corgo

lat corrŭgu ‘canle de auga’

Plural: corgos
  1. s m

    Poza que se forma na canle dos ríos para introducir os feixes de liño que serán empregados na elaboración do tecido.

  2. s m

    Burato nunha rocha ou depresión dun terreo, que se enche de auga cando chove.

  3. s m

    Canle pola que baixa unha corrente de auga destinada a regar.

  4. s m

    Camiño estreito e fondo que se estende por terreo irregular e entre valados altos.

Sinónimos

Citas

  • A chuvía encheu os corgos das pedras
  • Este ano os veciños construíron un corgo de cemento para que beban os animais
  • Houbo que esperar na cima do corgo a que pasase o carro do veciño
  • Limparon o corgo para poder regar o millo
  • Mollei os pés no corgo
  • Neste tempo os corgos están cheos de liño
  • Os corgos están atuídos e non baixa ben a auga da chuvia