compañeiro -ra
compañeiro -ra
compaña
-
s
Persoa que realiza con outra algunha actividade, comparte con ela a pertenza a algún grupo ou está na sua compañía.
-
s
Cousa que forma unha parella con outra.
-
s
Persoa, casada ou non, que convive con outra.
-
adx
[BOT ]
Aplícase aos taxons que están presentes nunha comunidade vexetal determinada pero que non manifestan predilección por esta comunidade.
Confrontacións
camarada, colegaCitas
- Coñecémonos desde que fomos compañeiros de clase, Foi cear cos compañeiros de traballo, O azar converteunos en compañeiros de viaxe e aventuras
- Probei o zapato que había no escaparate e o vendedor foi buscar o compañeiro para que puxese os dous
- Vive cos seus fillos e a súa compañeira