compañeiro -ra

compañeiro -ra

compaña

Plural: compañeiros Masculino: compañeiro Masculino plural: compañeiros Feminino: compañeira Feminino plural: compañeiras
  1. s

    Persoa que realiza con outra algunha actividade, comparte con ela a pertenza a algún grupo ou está na sua compañía.

  2. s

    Cousa que forma unha parella con outra.

  3. s

    Persoa, casada ou non, que convive con outra.

  4. adx [BOT ]

    Aplícase aos taxons que están presentes nunha comunidade vexetal determinada pero que non manifestan predilección por esta comunidade.

Confrontaciones

camarada, colega

Citas

  • Coñecémonos desde que fomos compañeiros de clase, Foi cear cos compañeiros de traballo, O azar converteunos en compañeiros de viaxe e aventuras
  • Probei o zapato que había no escaparate e o vendedor foi buscar o compañeiro para que puxese os dous
  • Vive cos seus fillos e a súa compañeira

Palabras vecinas

compaixón compaña compañeirismo compañeiro -ra compangada compangar compango