coller

coller

lat colligĕre ‘recoller, reunir’

  1. v t

    Poñer adecuadamente unha parte do corpo, xeralmente os dedos ou as man, para suxeitar ou soster unha determinada cousa.

  2. v t

    Apoderarse de algo alleo, sen permiso do dono, para usalo ou roubalo.

  3. v t

    Facer a colleita dos froitos da terra.

  4. v t
    1. Alcanzar a alguén ou algo.

    2. Alcanzar e apresar a alguén ou algunha cousa que se persegue.

    3. Capturar animais que están en liberdade.

    4. Alcanzar algo que se move a alguén e bater contra el.

  5. v t
    1. Atopar a alguén en certa forma.

    2. Sorprender a alguén nunha determinada actitude ou lugar.

  6. v t

    Pasar a ter algunha cousa material ou inmaterial.

  7. v t

    Recibir alguén algunha cousa do xeito que se indica.

  8. v t

    Incorporar a alguén a un traballo ou a unha actividade no momento que se indica.

  9. v t
    1. Comezar a sentir os efectos dalgunha cousa.

    2. Comezar a sentir algo por alguén ou por algo.

    3. Percibir unha determinada sensación.

  10. v t

    Espallarse unha cousa por un espazo ou por algo.

  11. v t

    Adquirir unha calidade ou algo do que se carecía.

  12. v t
    1. Chegar a entender algo.

    2. Recibir o sinal dalgún centro emisor.

    3. Aprender algo.

  13. v t

    Poñer por escrito algunha cousa que reproduce o que se está a oír.

  14. v t

    Optar por unha cousa entre varias.

  15. v t

    Exercitar un dereito.

  16. v t

    Usar un medio de transporte para desprazarse.

  17. v t

    Danar unha parte do corpo ao quedar aprisionada nunha cousa.

  18. v t

    Impregnarse algunha cousa doutra.

  19. v t

    Acurtar unha peza de roupa recollendo un pouco de tecido.

  20. v t

    Ir por unha dirección determinada.

  21. v i col

    Infectarse unha ferida ou unha lesión cutánea.

  22. v i

    Haber espazo suficiente para pasar ou para meter algunha cousa ou a alguén.

Sinónimos

Antónimos

Confrontacións

atropelar, cobrar, pillar, tomar

Citas

  • A madeira está un pouco verde e non colle ben o verniz, A roupa colleu o cheiro do tabaco
  • A morte do seu pai colleuno de viaxe e tivo que volver de contado, O estalido da guerra colleuno de vacacións en Bueu
  • Axiña colleu as explicacións do novo proxecto, Colleu rapidamente cál era o sentido das súas palabras
  • Cando cheguei xa collín empezada a obra de teatro
  • Cando era neno colleume un castrón, Os peóns teñen que ter moito coidado para que non os colla ningún coche, A estada caeu e colleuna debaixo cando paseaba pola rúa
  • Cando hai treboada cóllense moi mal algunhas canles de televisión
  • Cando saíu á rúa colleuno o frío, Estivo moito tempo ao sol e colleu unha insolación
  • Case todos os nenos da clase colleron o sarampelo, Bebeu moito e colleu unha borracheira
  • Cóllelle unhas sardiñas á peixeira, ¿Colliches as entradas para o concerto?
  • Colléronnos no centro de investigación para desenvolver un proxecto, Colleron dous fontaneiros para completar o cadro de persoal
  • Colleu a baixa laboral por maternidade un pouco antes do parto
  • Colleu medo ao entrar só naquela casa tan escura, Colleulle aversión ao peixe cocido, Colleu moita rabia cando viu o que pasara, Collémoslle gusto á comida vexetariana
  • Colleu o camiño máis curto e aínda así nós chegamos antes, OBS: Tamén se emprega coa preposición por (Colle polo primeiro desvío da autovía)
  • Colleu o vaso e púxoo no vertedoiro, A pelota caeulle ao río e collérona con dous paos, Colle o cativo polos brazos para que comece a camiñar, Colleuno no colo para que se calmase, Colleu a pota pola asa para poñela enriba da mesa, Na fotografía aparecía collendo un paraugas
  • Colleu os dedos coa porta e botoulle xeo para a inchazón
  • Colleulle o gran e tivo que abrilo a cirurxiá
  • Colleulle un pouco ao vestido porque era longo de máis
  • Collín hora para as doce no xinecólogo, Colleu sitio na cola para comprar o billete
  • Collín o día de máis calor para ir ao cine, Collemos só a un dos cinco que se presentaron ás probas
  • Collino contento e non me berregou por chegar tarde, O profesor colleume distraído e non souben contestar a pregunta, A choiva colleunos sen roupa adecuada
  • Collino criticando ao meu irmán e ruborizouse, Os seus pais collérono fumando, O profesor colleume copiando no exame
  • Como non collamos as patacas vanse estragar
  • Despois de varias sesións de rehabilitación xa colleu confianza en si mesmo, O pan que tiña gardado colleu balor
  • En pouco tempo colleu os costumes da súa nova familia
  • Estiven pouco tempo con ela pero xa lle collín cariño
  • Estivo varias horas no peirao pero non colleu ningunha lura, Fixeron unha batida e colleron dous xabaríns
  • Non quero poñer esa saia porque lle collín manía, Collín o vicio de saír todos os días
  • O antropólogo collía notas de todo o que lle dicían, Non adoitaba coller apuntamentos en clase
  • O muro da casa colle parte do camiño, O cancro colleulle o pulmón dereito
  • Os cativos collen os xestos dos pais, En pouco tempo colleu os xiros do italiano
  • Os policías colleron os ladróns do banco, O gato colleu o rato despois de perseguilo por toda a cociña
  • Saíu tres horas antes ca el, pero ao final colleuno polo camiño da bouza
  • Se apuramos, collemos o autobús das cinco, Para ir a Venezuela colleron o avión
  • Sempre me colle os meus cigarros, Entráronlle na oficina e colléronlle todos os disquetes
  • Tivemos que desmontar o armario para baixalo porque non collía pola porta, No meu coche só collen cinco persoas, Xa non colle máis auga no vaso
  • Todo o equipo colleu ben a derrota na final, Colleu con indiferencia a boa nova
Conxugar
VERBO coller
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
collo
colles
colle
collemos
colledes
collen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
collía
collías
collía
colliamos
colliades
collían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
collín
colliches
colleu
collemos
collestes
colleron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
collera
colleras
collera
colleramos
collerades
colleran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
collerei
collerás
collerá
colleremos
colleredes
collerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
collería
collerías
collería
colleriamos
colleriades
collerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
colla
collas
colla
collamos
collades
collan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
collese
colleses
collese
collesemos
collesedes
collesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coller
colleres
coller
collermos
collerdes
colleren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
colle
-
-
collede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
coller
colleres
coller
collermos
collerdes
colleren
Xerundio collendo
Participio collido/colleito
collida/colleita
collidos/colleitos
collidas/colleitas