meter

meter

lat mittĕre

  1. v t

    Facer que unha persoa ou cousa entre no interior doutra ou se sitúe entre outras.

  2. v t

    Poñer a alguén nunha determinada situación.

  3. v t

    Facer que alguén ingrese nun centro ou nunha colectividade, ou se dedique a unha profesión ou oficio.

  4. v t

    Introducir certa cantidade de diñeiro nalgunha entidade bancaria.

  5. v t

    Facer que alguén comparta unha determinada ideoloxía.

  6. v t

    Colocar algo nun lugar.

  7. v t

    Facer que unha persoa reciba ou crea algo sen decatarse.

  8. v t

    Engadir unha cousa a outra.

  9. v t

    Facer máis estreita ou curta unha peza de roupa.

  10. v t

    Golpear algo ou alguén.

  11. v t

    Producir ou ocasionar no ánimo certo sentimento ou estado.

  12. v pron

    Situarse unha persoa ou unha cousa no interior doutra ou pasar a estar entre outras.

  13. v pron

    Incorporarse alguén a un centro, colectividade ou oficio.

  14. v pron

    Causar molestia ou desgusto.

Sinónimos

Citas

  • É mellor que metas o coche no garaxe, Meteu os cartos nun sobre
  • Foi a nai quen o meteu no estudo das teorías marxistas
  • Mete a pa na masa e remexe para facer cemento
  • Mételle medo ao irmán con historias de pantasmas
  • Meteron auga na xenebra
  • Metéronlle patacas vellas e cobráronllas coma novas
  • Meteu a irmá na asociación sen contar con ela, O pai meteuno de aprendiz de carpinteiro
  • Meteulle unha patada na canela
  • Meteuna nun compromiso ao pedirlle ese favor
  • Meteuse co vello e este denunciouno
  • Meteuse na casa pola porta que dá á eira para que non o viran
  • Meteuse nun equipo de baloncesto
  • Metín cincuenta euros nun pantalón e quédame curto, Xa che metín os cartos para o mes na túa conta
  • Metinme nunha rúa pola que non fora nunca
  • Non hai quen lle meta na cabeza que debe estudar
  • Non sei onde metín o lapis
  • Non te metas na miña vida
  • Raiou o coche ao metelo pola corredoira
  • Teño que lle meter ao pantalón polo menos cinco centímetros

Frases feitas

  • Meter a pata. Facer algo moi inoportuno.

  • Meter medo (algo). Causar asombro.

  • Meterse o Sol. Solpor.

  • Meter baza. Intervir nunha conversaci

  • Meter os cans na bouza/as cabras na horta. Provocar enfrontamento entre persoas.

  • Meter polos ollos. Presentar algo insistentemente a unha persoa para espertar o seu interese.

  • Meterse en camisas de once varas. Meterse en problemas.

  • Meterse en danzas. Meterse en asuntos de dif

  • Non saber onde meterse. Ficar avergo

Conxugar
VERBO meter
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
meto
metes
mete
metemos
metedes
meten
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
metía
metías
metía
metiamos
metiades
metían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
metín
metiches
meteu
metemos
metestes
meteron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
metera
meteras
metera
meteramos
meterades
meteran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
meterei
meterás
meterá
meteremos
meteredes
meterán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
metería
meterías
metería
meteriamos
meteriades
meterían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
meta
metas
meta
metamos
metades
metan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
metese
meteses
metese
metesemos
metesedes
metesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
meter
meteres
meter
metermos
meterdes
meteren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
mete
-
-
metede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
meter
meteres
meter
metermos
meterdes
meteren
Xerundio metendo
Participio metido
metida
metidos
metidas