colisión

colisión

lat collīsiōne ‘golpe, choque’, de colidĕre

Plural: colisións
  1. s f

    Encontro violento que se produce cando se atopan dous ou máis corpos en movemento.

  2. s f

    Enfrontamento de ideas ou intereses entre dúas ou máis persoas.

  3. s f [FÍS ]

    Interacción a nivel nuclear que se produce entre partículas, ou entre unha partícula e un núcleo, consideradas como esferas materiais.

  4. colisión de dereitos [DER ]

    Situación que se produce cando inciden dous ou máis dereitos incapaces de ser exercitados ou cumpridos simultaneamente.

Sinónimos

Citas

  • A colisión das ideas políticas entre os dous non impide que sexan amigos
  • A néboa provocou unha colisión en cadea de vehículos