colisión
colisión
lat collīsiōne ‘golpe, choque’, de colidĕre
-
s
f
Encontro violento que se produce cando se atopan dous ou máis corpos en movemento.
-
s
f
Enfrontamento de ideas ou intereses entre dúas ou máis persoas.
-
s
f
[FÍS ]
Interacción a nivel nuclear que se produce entre partículas, ou entre unha partícula e un núcleo, consideradas como esferas materiais.
-
colisión de dereitos
[DER ]
Situación que se produce cando inciden dous ou máis dereitos incapaces de ser exercitados ou cumpridos simultaneamente.
Sinónimos
Citas
- A colisión das ideas políticas entre os dous non impide que sexan amigos
- A néboa provocou unha colisión en cadea de vehículos