choque

choque

chocar

Plural: choques
    1. s

      Acción e efecto de 2 chocar.

    2. choque elástico [FÍS ]

      Interacción entre dous corpos materiais que non altera o seu estado interno.

    3. choque inelástico [FÍS ]

      Interacción entre dous corpos materiais en que se produce unha alteración do estado interno dalgún dos corpos que interaccionan.

    1. s

      Situación clínica transitoria en que, por mor da existencia dun volume de sangue circulante insuficiente ou dunha distribución anormal do consumo cardíaco, a perfusión sanguínea dos tecidos diminúe ata valores inferiores ás necesidades mínimas para un metabolismo oxidativo.

    2. choque anafiláctico

      Aparición violenta dunha síndrome moi grave que se presenta como consecuencia dunha reacción antíxeno-anticorpo.

  1. choque eléctrico [MED ]

    electrochoque.

  2. choque emocional [PSIC ]

    Proceso e estado afectivo caracterizado por unha emoción repentina e relativamente breve que modifica a existencia propia de xeito que resulta difícil adaptarse.