cólico -ca

cólico -ca
Plural: cólicos Masculino: cólico Masculino plural: cólicos Feminino: cólica Feminino plural: cólicas
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao colon.

    1. s

      Dor aguda e paroxística, ocasionada habitualmente polo espasmo dun órgano oco.

    2. cólico hepático/biliar

      Dor moi intensa no epigastrio e no hipocondrio dereito, producida pola contracción espasmódica da vesícula e dos condutos biliares.

    3. cólico nefrítico/renal

      Dor aguda da rexión lumbar.

    4. cólico salival

      Crise dolorosa producida pola obstrución calculosa dos condutos excretores das glándulas salivais.

    5. cólico saturnino

      Dor abdominal producida por espasmos segmentarios do intestino delgado.

  2. cólico de area [VETER ]

    Enfermidade intestinal que padece o gando pola inxestión de area ou terra.

Palabras veciñas

coliberto colibrí colicina cólico -ca colídido -da colidir colífago