cólico -ca
cólico -ca
Plural:
cólicos
Masculino:
cólico
Masculino plural:
cólicos
Feminino:
cólica
Feminino plural:
cólicas
-
adx
Relativo ou pertencente ao colon.
-
-
s
Dor aguda e paroxística, ocasionada habitualmente polo espasmo dun órgano oco.
-
cólico hepático/biliar
Dor moi intensa no epigastrio e no hipocondrio dereito, producida pola contracción espasmódica da vesícula e dos condutos biliares.
-
cólico nefrítico/renal
Dor aguda da rexión lumbar.
-
cólico salival
Crise dolorosa producida pola obstrución calculosa dos condutos excretores das glándulas salivais.
-
cólico saturnino
Dor abdominal producida por espasmos segmentarios do intestino delgado.
-
s
-
cólico de area
[VETER ]
Enfermidade intestinal que padece o gando pola inxestión de area ou terra.