cociña
cociña
lat coquīna de coquĕre ‘cocer’
-
s
f
Estancia da casa onde se prepara e cociña a comida.
-
s
f
Forma de elaboración culinaria propia dun país ou rexión.
-
-
s
Aparato calorífico con distintos fogóns que se emprega para a elaboración da comida.
-
cociña económica
Cociña de ferro para aproveitar mellor a calor, que consta dun forno, un depósito de auga e de dous ou máis fogóns.
-
s
Sinónimos
Citas
- A nosa cociña de ferro quenta moito no inverno
Refráns
- A ensalada, ben salgada e ben aceitada.
- A ensalada, pouco avinagrada e moi aceitada.
- A muller e a "sartén" na cociña están ben.
- As nabizas queren unto, aceite e allos, todo xunto.
- Cando ferve o pote ¡alegría alégrate!
- Carne perdida: a da lebre asada e a da perdiz cocida.
- Con tomates na cociña fanse milagres a eito.
- Nabo, nabiza e grelo, trindade do galego.
- Nin ola sen touciño nin xantar sen viña.
- Nin pote ao lume sen touciño nin xantar na mesa sen viña.
- Nunca terás boa ola con auga soila.
- O ben salgado, pouco vinagre e ben aceitado.
- O ferver do pote ten gorgolexos de moÍto alegrote.
- O ovo quere sal e fogo.
- O pato e o leitón, canto máis axiña vai á cazola, mellar.
- O pote que mOÍto ferve, sazón perde.
- O que has de comer, non o vexas facer.
- O que queira facer da vaca carneiro, bótea a cocer en auga fervendo.
- Onde roxe a tixela ou hai muller parida ou hai larpadela.
- Os pratos no alzadeiro andan uns cos outros ao retorteiro.
- Para pan e cebola é mes ter cazola.
- Quen queira facer da vaca cameiro, que a paña a cocer en auga fervendo.
- Quen queira facer da vaca galiña, bótea a cocer con auga fría.
- Se queres que o pote che dea alegría, encheo de carne e parco cada día.