cociente
lat quotĭente ‘tantas veces’
-
s
m
[MAT ]
Número que resulta da división dun número (dividendo) por outro (divisor).
-
cociente asimilatorio
[FISIOL ]
Relación que se pode establecer entre a cantidade de substancias nutritivas consumidas por un organismo e a masa que incorpora como resultado da asimilación, expresada en unidades de enerxía.
-
cociente intelectual
[PSIC ]
Cifra que representa a intelixencia e que se obtén mediante a división entre a idade mental dun individuo (conseguida por medio de determinados tests de intelixencia) e a súa idade cronolóxica, multiplicada por cen.
-
cociente metabólico
[FISIOL ]
Índice do nivel xeral da actividade metabólica dun organismo, determinado pola medida do consumo de osíxeno, indicativo dos procesos catabólicos de oxidación que se levan a cabo.
-
cociente respiratorio
[FISIOL ]
Relación do volume de dióxido de carbono producido co de osíxeno gastado na respiración nun mesmo tempo.