cociña

cociña

lat coquīna de coquĕre ‘cocer’

Plural: cociñas
  1. s f

    Estancia da casa onde se prepara e cociña a comida.

  2. s f

    Forma de elaboración culinaria propia dun país ou rexión.

    1. s

      Aparato calorífico con distintos fogóns que se emprega para a elaboración da comida.

    2. cociña económica

      Cociña de ferro para aproveitar mellor a calor, que consta dun forno, un depósito de auga e de dous ou máis fogóns.

Sinónimos

Citas

  • A nosa cociña de ferro quenta moito no inverno

Refranes

  • A ensalada, ben salgada e ben aceitada.
  • A ensalada, pouco avinagrada e moi aceitada.
  • A muller e a "sartén" na cociña están ben.
  • As nabizas queren unto, aceite e allos, todo xunto.
  • Cando ferve o pote ¡alegría alégrate!
  • Carne perdida: a da lebre asada e a da perdiz cocida.
  • Con tomates na cociña fanse milagres a eito.
  • Nabo, nabiza e grelo, trindade do galego.
  • Nin ola sen touciño nin xantar sen viña.
  • Nin pote ao lume sen touciño nin xantar na mesa sen viña.
  • Nunca terás boa ola con auga soila.
  • O ben salgado, pouco vinagre e ben aceitado.
  • O ferver do pote ten gorgolexos de moÍto alegrote.
  • O ovo quere sal e fogo.
  • O pato e o leitón, canto máis axiña vai á cazola, mellar.
  • O pote que mOÍto ferve, sazón perde.
  • O que has de comer, non o vexas facer.
  • O que queira facer da vaca carneiro, bótea a cocer en auga fervendo.
  • Onde roxe a tixela ou hai muller parida ou hai larpadela.
  • Os pratos no alzadeiro andan uns cos outros ao retorteiro.
  • Para pan e cebola é mes ter cazola.
  • Quen queira facer da vaca cameiro, que a paña a cocer en auga fervendo.
  • Quen queira facer da vaca galiña, bótea a cocer con auga fría.
  • Se queres que o pote che dea alegría, encheo de carne e parco cada día.