claustro

claustro

lat claustru ‘pechadura, lugar pechado’, de claudĕre ‘cerrar’

Plural: claustros
  1. s m [ARQUIT ]

    Recinto rodeado de muros con galerías cubertas e abertas cara a un patio, que serve de centro e comunicación ás principais dependencias do edificio onde se sitúa, xeralmente mosteiros ou catedrais.

  2. s m [EDUC ]

    Órgano supremo corporativo da universidade que está rexido por uns estatus, e está formado polo reitor, os vicerreitores, os decanos, os catedráticos numerarios, os profesores, os representantes do estamento discente e do persoal non docente.

  3. s m [ANAT ]

    Lámina delgada de materia gris que está situada en cada hemisferio cerebral.

  4. claustro materno [ANAT ]

    útero.

Sinónimos

Citas

  • Mentres pertenceu á orde gozou dunha vida retirada no claustro
  • O claustro de profesores acordou por unanimidade a expulsión dun alumno
  • O claustro universitario reuniuse esta semana por mor da folga dos estudiantes
  • Os frades louvaban as excelencias do claustro en contraposición á vida civil