convento
convento
lat conventu, p p de convenīre ‘reunirse’
-
s
-
Casa na que vive unha comunidade de relixiosos ou de relixiosas baixo as regras da súa orde.
-
Comunidade de frades ou monxas.
-
-
convento xurídico
-
Tribunal de xustiza presidido polo gobernador ou polos responsables políticos ou militares, que se reunía nas capitais dos distritos nos que estaban divididas as provincias.
-
Subdivisión provincial romana correspondente aos distritos e cunha determinada demarcación territorial.
-
Confrontacións
abadía, convento, freiría, mosteiroRefráns
- O que serve ao convento serve ao vento.