claustral

claustral

lat claustrāle ‘que pecha’

Plural: claustrais
  1. adx

    Relativo ou pertencente ao claustro.

  2. adx

    Aplícase a certas ordes relixiosas e aos seus individuos. Tm s.

  3. adx

    Aplícase a cada membro do claustro dun centro docente. Tm s.

Citas

  • É un home moi versado en arquitectura claustral
  • Hoxe houbo reunión de claustrais para tratar o tema da elevada porcentaxe de suspensos, O número de alumnos claustrais é moi reducido